Obxeto:
Axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación en linguas estranxeiras do alumnado que cursou no 2021/22 e/ou que cursa no 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.
Convócanse un total de 643 axudas:
– 491 axudas previstas e non realizadas no ano 2022 (inglés en Canadá, inglés no Reino Unido, francés en Francia, portugués en Portugal), establecidas na orde desta consellería, do 11 de xaneiro de 2022 (prazas de cota de reserva).
Nesta convocatoria, no caso de que queden prazas vacantes da cota de reserva, estas acumularanse ás prazas da cota xeral.
Actividades de formación convocadas .
1. As actividades que se convocan son de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.
2. O período de realización comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2023, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
3. A xestión e organización das actividades levarase a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Estas empresas ocuparanse de ofrecer os recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación dunha póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes.
As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas.
4. O custo total de cada actividade inclúe:
- a) No caso das actividades que se van realizar, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
- b) Os monitores ou as monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
- c) Os gastos de docencia e o material escolar.
- d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
- e) Os gastos de mantenza e aloxamento.
- f) O certificado de realización da actividade.
- g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Beneficiarios:
Para prazas da cota de reserva:
Poderá solicitar a participación nesta convocatoria, mediante confirmación a través de https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, o alumnado ao que lle correspondería praza na convocatoria de 2022.
Finalizado o proceso, e rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Consellería de de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades enviará unha notificación á persoa beneficiaria a través do sistema Notifica.gal. A persoa beneficiaria deberá confirmar a lectura da notificación electrónica no prazo de 10 días hábiles. A non confirmación de lectura da notificación electrónica, no anterior prazo de 10 días, realizada a través de Notifica.gal, entenderase como renuncia da axuda.
Para prazas da cota xeral:
- a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2022/23, na Comunidade Autónoma de Galicia.
- b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2021/22.
- c) Ter acadado no curso 2021/22, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º curso de bacharelato, e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.
- d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
- e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
- f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte.
As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titor/a legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación: 14/02/2023 – 13/03/2023.
Solicitudes e documentación:
Las solicitudes se presentarán preferiblemente por vía electrónica a través del fomulario normalizado disponible en la sede electrónica de la Xunta de Galicia: Procedimiento ED504B.
Normativa:
Orde do 18 de xaneiro de 2023 (DOG nº 30 do 13 de febreiro de 2023).
Máis información:
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. Servizo de Programas de Formación. San Caetano, s/n 15781 Santiago de Compostela (Coruña, A) Teléfono: 881997426/ 881997419. Email: axudasle@edu.xunta.gal https://www.edu.xunta.gal/axudasle
Autor: Xunta de Galicia