Obxecto:

Axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

Beneficiarios:

As familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola consellería que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro nas relacións de comensais correspondentes ao 31 de xaneiro de 2020.

Plazo de presentación: 31/03/2020 – 06/04/2020.

Solicitudes y documentación:

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ED601B.

As familias que acrediten dificultades para formalizar a solicitude por medios electrónicos poderán solicitar que o equipo directivo do centro educativo.

A solicitude será única por cada familia e incluirá a totalidade das fillas e dos fillos escolares de ensinanzas obrigatorias, que sexan comensais gratuítos e semigratuítos dun euro no comedor escolar xestionado pola consellería nun centro de ensino público, identificará o solicitante en nome da familia e o alumnado comensal e conterá información da conta corrente onde realizar o ingreso da compensación.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante legal do alumnado.

b) Condicións de beneficiarios de comedor nas bases de datos da consellería.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente, habilitado na solicitude, e achegar os documentos. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar as persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Normativa:

Orde do 27 de marzo de 2020 (DOG nº 62 do 30 de marzo de 2020).

Más información:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. S. XESTIÓN COMEDORES ESCOLARES DOS CENTROS NON UNIVERSITARIOS.San Caetano, s/n. 15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A).Teléfono: 881995188 / 981544461. Fax: 981545443.

Autor: Xunta de Galicia