MEDRA é un centro de atención psico-educativa e terapia especializada en rapaces/as e adolescentes e as súas familias. Está formado por un equipo multidisciplinar de profesionais da Psicoloxía, Educación Social e Psicopedagoxía que buscan intervir dun xeito integral coas persoas en dificultades tales como: problemas de conduta; violencia familiar; malestar en parella; separación e divorcio; dificultades na post-adopción e acollemento; problemas de comunicación, dificultades de aprendizaxe, fracaso escolar, TDA e TDAH e outras dificultades do ámbito psicolóxico ou emocional (ansiedade, duelo, fobias…).O traballo realízase a través de sesións de terapia individual ou familiar, talleres grupais, entrevistas de asesoramento, programas de estimulación cognitiva, charlas, xuntanzas, etc .
Ofrecen 10% a los asociados.
Avenida Monelos 109, Ent-A Tlf. 981103137 // 677 214 613 http://centromedra.gal/
TALLERES E ACTIVIDADES PARA O CURSO 2017-2018
– Clases de Ioga Integral
– Talleres Iogando coas emocións (infantil ou en familia)
– Grupos de autocoñecemento para mulleres. «Medrando Xuntas»
– Talleres de biodanza
E ademais, continuan ofrecendo sesións de TERAPIA FAMILIAR, INDIVIDUAL E DE PARELLA e SESIÓNS DE RELAXACIÓN individuais co fin de aprender a adquirir ferramentas para xestionar as nosas emocións e autorrelaxarnos.