PROGRAMA DE AYUDAS ECONÓMICAS A TRAVÉS DE LA «TARXETA BENVIDA»

Comparte este contenido. ¡Elige plataforma!

Obxecto:

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2017 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano e proceder á súa convocatoria.

Esta axuda farase efectiva a través da tarxeta Benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Beneficiarios:

Persoas residentes en Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.

Plazo de presentación: 31/12/2016 – 28/02/2018.

Requisitos:

a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia.

b) Que a renda per cápita da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, da declaración do imposto da renda das persoas físicas (en diante, IRPF) do ano 2015 non supere os 45.000 euros. No suposto de que esta contía sexa superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida polo número de membros da unidade familiar, non deberá superar os 13.500 euros.

Nos casos en que non se teña realizado a declaración do IRPF do ano 2015, os ingresos serán os que resulten dos datos que figuren en poder da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

Solicitudes e documentación:

1. A través do formulario anexo I desta orde. (AQUI) acompañadas da seguinte documentación:

a) Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, as certificacións correspondentes expedidas polo Rexistro Civil.

b) Certificado de empadroamento conxunto da persoa solicitante e da/o nena/o que dá dereito á axuda.

c) Anexo II (AQUI) cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante, se é o caso.

d) Copia da resolución xudicial/administrativa que declare a adopción ou a garda con fins adoptivos, só no caso de denegar expresamente a súa consulta ou cando se trate de situacións non formalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non denegar expresamente a súa consulta.

f) Copia do DNI ou NIE da persoa proxenitora que non apareza como solicitante das axudas, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.

g) Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2015 da persoa solicitante e da proxenitora que non apareza como solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
h) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, de ser o caso. No suposto de familias monoparentais, a documentación anterior poderá substituírse pola copia do certificado administrativo de monoparentalidade, sempre que conste nel a filla ou fillo polo que se solicita a axuda, só no caso de denegar expresamente a súa consulta ou que sexa expedido por outra comunidade autónoma.

Outros documentos:

Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2016).

Corrección de erros. Orde do 23 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados no ano 2017 e se procede á súa convocatoria. (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2017).

Máis información: Guía de procedimientos y servicios de la Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codCons=BS&codProc=403B&procedemento=BS403B

Autor: Xunta de Galicia

Cualquier aclaración que puedas necesitar no dudes en contactar con nosotros

Teléfono: 881 924 774

agafan@agafan.org

Ir al contenido