AGAFAN visita Melide para dar una sesión informativa a familias

Comparte este contenido. ¡Elige plataforma!

28/11/2024. O xoves 28 de novembro visitamos Melide para dar unha charla informativa á que acudiron moitas familias. Tivemos a oportunidade de atender persoalmente a moitas delas e resolver as súas dúbidas.

A charla contou coa colaboración da concellería de Política Social, Igualdade e Saúde. Ata alí achegouse a concelleira, María Carmen Liñeira, coa que tivemos oportunidade de falar sobre as necesidades destas familias, en total 78. Fixémoslle entrega dun documento coas medidas que hai actualmente no concello para familias con fillos e fillas e en concreto para as numerosas, a través do estudo das súas ordenanzas municipais e outras axudas, e fixemos as nosas aportacións con propostas de mellora. Entre outras cuestións, a asociación incidiu na necesidade de implantar medidas que faciliten a conciliación familiar, tamén a necesidade de revisar os criterios de acceso a diversos servizos que ofrece o concello, asegurando que se consideren as necesidades de todos os membros da familia.

Aproveitamos a visita para contactar coa Asociación de Empresarios de Terra de Melide, ASETEM, co obxecto de buscar colaboracións coas empresas da zona.



45
22
46

Charla informativa Concello de Melide

A asociación ofrecerá tamén atención personalizada ás familias que o necesiten

A Asociación Galega de Familias Numerosas (AGAFAN) vai realizar unha sesión informativa para familias numerosas en Melide o  Xoves 28 de Novembro. Será ás 18:00 h e terá lugar no Centro Social, Rúa Principal, 44, 15800 Melide. https://maps.app.goo.gl/WSCURyzjfi6ZKoxA8

Ese día estaremos unha hora antes, ás 17:00h na mesma localización para atender a todas aquelas persoas que non poidan acudir á presentación ou necesiten atención personalizada.

Nesta sesión, gratuita e aberta a todas as familias, daremos  información detallada sobre os requisitos e pasos para a obtención do título de familia numerosa, todas as axudas e bonificacións que se poden obter con él, os cambios lexislativos que lles afectan directamente, etc. , e daremos a coñecer os servizos de apoio e actividades que ofrecemos dende a asociación.

A charla conta coa colaboración da concellería de Politica Social Igualdade e Saúde do Concello de Melide.

CARTELweb melide 2024

Cualquier aclaración que puedas necesitar no dudes en contactar con nosotros

Teléfono: 881 924 774

agafan@agafan.org

Ir al contenido