Desde AGAFAN, con motivo do Día da Nai, queremos poñer en valor a maternidade como un ben universal que toda a sociedade debe recoñecer, coidar e protexer.
Reafirmamos o dereito de cada persoa a decidir libremente o número de fillos ou fillas que desexe dentro do proxecto familiar, sen que esta decisión implique ningún tipo de penalización social, laboral ou económica.
Neste contexto, Galicia enfróntase a un claro desafío demográfico: o envellecemento da poboación e o descenso da natalidade que levará a unha redución de máis do 25% do alumnado nas etapas obrigatorias nos próximos anos. Esta realidade fai aínda máis necesario apoiar ás familias e facilitar a decisión de ter fillos e fillas.
Así mesmo, reclamamos unha conciliación real e digna, que garanta que ser nai non supoña unha desvantaxe nin unha barreira, senón unha realidade plenamente compatible co desenvolvemento persoal e profesional das mulleres.
O día 3 de maio homenaxeamos ás nais, e reinvindicamos o seu dereito a vivir a maternidade con liberdade, respecto e igualdade.
ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS NUMEROSAS – AGAFAN


